Sunday 12 de May de 2024

Bases da Gala do Deporte de Riveira


1. Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2016.

2. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse os seguintes apartados:
a) Mellor Deportista Masculino
b) Mellor Deportista Feminina
c) Mellor deportista de deportes de equipo
d) Mellor Deportista con discapacidade
e) Mellor Deportista Masculino sub – 18,( nados no ano 1999 e posteriores)
f) Mellor Deportista Feminina sub – 18, (nados no ano 1999 e posteriores)
g) Equipo de competición destacado
h) A laboura técnica
i) Mellor Evento Deportivo
j) Mellor Club
k) Patrocinio Deportivo
l) Mencións Especiais
• Nos apartados a), b) , e) ,f), valoraranse unicamente os méritos conqueridos de forma individual.

3. Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E F, G, H , e I deberase ser un deportista nado en Riveira, ou con residencia legal no Concello, con data anterior a 1 de xaneiro de 2012.

4. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e un mínimo de catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.

5. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.

6. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o 28 de FEBREIRO de 2017, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ó Sr. Alcalde do Concello de Riveira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com .

7. A relación de nomeados farase pública durante o mes de marzo de 2017.

8. A Gala do Deporte celebrarase no Auditorio Municipal de Riveira en data a determinar.